Perito Antón Campos
Antón Campos
Licenciado en Informática
Perito informático
Galego Español

Peritaxe Informatica

O informe e ditame pericial dun perito informático pode ser de grande axuda na procura de probas ou argumentos para decantar un litixio ou discrepancia. A confidencialidade está garantida así como o uso dunha linguaxe clara e comprensibel.

Os seguintes casos poden ser exemplos típicos para os que un informe ou dictame pericial independente pode servir de argumento convincente ou como proba pericial para algunha das partes involucradas e axudar ao desbloqueo e resolución dun conflicto.

  • Delitos contra a propiedade industrial e intelectual. Incumprimento de licenzas.
  • Incumplimento de contrato comercial entre empresas e/ou profesionais.
  • Espionaxe industrial e revelación de segredos industriais e/ou profesionais.
  • Fraudes e sabotaxes. Destrucción de datos.
  • Delitos económicos contra a propiedade privada ou a Facenda Pública.
  • Delitos contra a intimidade e a protección de datos persoais.
  • Uso indebido de recursos propios da empresa.

A experiencia dun Perito xunto coa súa titulación son os pilares básicos do seu traballo. Para un caso que chegue aos Tribunais de Xustiza, a Lei de Enxuizamento Civil, no seu artigo 340, establece que a titulación do perito deberá ser a adecuada ao asunto tratado. Calqueira outra actuación poderá ser solicitada nula por letrados e en consecuencia, rexeitada por xuízes e maxistrados.

CC License Xosé Antón Campos Silva
Rúa Eugenio Carré Aldao 19 baixo
15007 A Coruña
+34 617 453 167
Valid HTML 4.01 Transitional Valid CSS!